II Semana do Cinema Galego 2021
Teatro Colón A Coruña
O Teatro Colón da Coruña acolleu a II Semana do Cinema Galego do 25 o 28 de marzo coas finalistas a Mellor Longametraxe da XIX edición dos Premios Mestre Mateo.
Como novidade, a actriz María Mera foi a anfitrioa de #Diarioderodaxe, catro coloquios cos equipos técnicos e artísticos das películas finalistas que tiveron lugar antes das proxeccións, afondando nos procesos de traballo que conflúen na creación dunha obra audiovisual e detallando anécdotas e curiosidades sobre o que sucede detrás das cámaras.
Actividade organizada en colaboración co Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Teatro Colón.
Programa
XOVES 25

A illa das mentiras (Paula Cons, 2020)
19:00 horas
#Diarioderodaxe con María Mera
20:00 horas
Proxección
Sinopse
A noite do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel cargado con 269 persoas choca contra as rochas da Illa de Sálvora. O fareiro escoita os berros e acode correndo á aldea para pedir axuda. Esa noite non hai homes e a esperanza de salvarse para os pasaxeiros está nas mulleres, vellos e nenos que hai no lugar. O naufraxio do vapor non só se leva por diante a vida de 213 persoas senon tamén a tranquilidade e calma da comunidade.
12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo. Mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, dirección de produción, guión, interpretación feminina de reparto e protagonista, interpretación masculina de reparto e protagonista, maquillaxe e perruquería, montaxe e vestiario.
VENRES 26

Ons (Alfonso Zarauza, 2020)
19:00 horas
#Diarioderodaxe con María Mera
20:00 horas
Proxección
Sinopse
Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. Cando non atopa esa luz séntese perdida, chea de baleiro e de medo á soidade. É na relación con Vicente onde Mariña se aferra como única táboa de salvación. Pero de achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. As crebas dun naufraxio. O misterio de Ons.
13 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo. Mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, dirección de fotografía,dirección de produción, guión, interpretación feminina de reparto e protagonista, interpretación masculina de reparto e protagonista, montaxe, son e vestiario.
SÁBADO 27

Arima (Jaione Camborda, 2019)
19:00 horas
#Diarioderodaxe con María Mera
20:00 horas
Proxección
Sinopse
Arima é aquilo que ves a través da néboa, aquilo que intúes, pero que non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo. A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida das mulleres.
7 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo. Mellor longametraxe, dirección de arte, guión, interpretación masculina de reparto e protagonista, son e vestiario.
DOMINGO 28

Lúa Vermella (Lois Patiño, 2020)
19:00 horas
#Diarioderodaxe con María Mera
20:00 horas
Proxección
Sinopse
Nunha vila da costa galega o tempo parece terse detido. Tódalas persoas están paralizadas aínda que se poden oír as súas voces: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.
4 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo. Mellor longametraxe, dirección, dirección de fotografía e dirección de produción.




