
Desde os seus primeiros anos, o Teatro Colón quedou asociado de forma irremediable na memoria da Coruña aos grandes fitos do celuloide, como “O que o vento levou” e outras grandes estreas de Hollywood que marcaron unha época. Desde que se abriu en 1948, o Teatro cumpriu o obxectivo de ofrecer unhas condicións de aforamento e comodidade óptimas para albergar variedade de espectáculos escénicos musicais e teatrais así como proxeccións de cine. Esa foi a intención do empresario de espectáculos Emilio Rey Romero, promotor e artífice da súa construción.