Xustiza artificial

Tipo de evento
Sinopse
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país. O referendo desata unha encarnizada campaña electoral na que se enfrontan o Goberno, en alianza coa tecnolóxica creadora do sistema, e a carreira xudicial, que defende o carácter humano da xustiza. Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.
TRES
Data
29-03-2025
}
Hora de incio
22:00
Lugar

Teatro Colón

FICHA TÉCNICA

Dirección: Simón Casal
Guión: Simón Casal, Víctor Sierra
Dirección de produción: Carlos Amoedo
Axudantes de produción: Alberto Alén, Luis Otero, Andrés Nadal, Andrea Pena
Dirección de arte: Curru Garabal
Dirección de fotografía: Diego Cabezas
Axudante de cámara: Víctor Rodríguez
Foto fixa: Óscar Roca
Montaxe: Irene Blecua
Maquillaxe e perruquería: Sandra Pinto, Miguel Teixeira
Música orixinal: Sofía Oriana
Son: Diego Casares
Vestiario: Marta Anta
Reparto: Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha, Lúcia Moniz, Afonso Pimentel, Paula Morado, Ledicia Sola, Xabier Deive, Santi Prego, Alberto Amman, Marco D’Almeida, Monti Castiñeiras, Xose Esperante, Toni Salgado, Melania Cruz, Saamira Ganay

CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO

Mellor longametraxe